O prazo para a Olimpíada de Química pechará o 5 de marzo

Javier González Sobrado
Javier G. Sobrado OURENSE

EDUCACIÓN

A Asociación de Químicos anima a apuntarse aos alumnos de bacharel de toda a provincia

04 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

As probas da trixésimo oitava Olimpíada de Química de Galicia realizaranse simultaneamente en 5 cidades. Será o próximo 12 de marzo ás 16.30 horas, e no caso de Ourense a competición celebrarase no edificio Politécnico, seguindo unhas estritas medidas de seguridade.

A Asociación de Químicos de Galicia e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia invita os alumnos de bacharel de toda a provincia a participar a competición, que este ano homenaxea ao químico galego Xeneroso Álvarez Seoane, durante cuxa presidencia da Asociación Nacional de Químicos de Galicia instauráronse ditas olimpíadas.

O prazo de inscrición remata este venres, día 5 de marzo. Para apuntarse, os alumnos que así o decidan poderán facelo na páxina web do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.