Educación abre o prazo para anotarse nas listas de docentes interinos

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

EDUCACIÓN

Imagen de una clase de bachillerato en el IES A Basella (Vilagarcía) con las precauciones sanitarias exigidas por el covid-19
Imaxe dunha clase de bacharelato no IES A Basella (Vilagarcía) coas precaucións sanitarias esixidas polo covid-19 Mónica Irago

A consellería ofrece prazas en 49 especialidades de primaria, secundaria, idiomas, música e deseño

01 jul 2020 . Actualizado ás 11:53 h.

A Consellería de Educación abriu o prazo para que os docentes se anoten nas listas de interinos para o próximo curso, nun total de 49 especialidades. Como non houbo oposicións este ano, as listas ábrense a novos candidatos co obxectivo de ter suficientes opcións para cubrir as necesidades do próximo ano académico.

O prazo para apuntarse é de dez días hábiles: remata o 15 de xullo.

Para ser admitidos os aspirantes deben ter antes do día 15 de xullo a titulación que se lle esixe en cada especialidade, posuír formación pedagóxica (é dicir, ter o máster de profesorado en caso de non ser mestres) e acreditar o coñecemento do galego.  

As especialidades que abren listas son:

  • Profesores de idiomas. Hai prazas para chinés, inglés, italiano e xaponés
  • Profesores de música. As especialidades son as de acordeón, arpa, fagot, frauta travesera, fundamentos de composición, guitarra, piano, violín e linguaxe musical.
  • Mestres. Nas opcións de primaria, educación física, música, pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (Ao)/Ao)
  • Docentes de ensino secundario e FP. Son 17 as especialidades de secundaria e 13 as profesionais de FP.
  • Profesores de deseño. Necesítanse docentes na materia de volume