A Xunta abre o prazo para que os colexios se apunten ao plan de plurilingüismo

La Voz

EDUCACIÓN

El CEIP Plurilingúe Pombal (Vigo) es uno de los centros adscritos al programa. En la imagen, su directora, María Prelchi (derecha), da la bienvenida a una de las profesoras de inglés
O CEIP Plurilingúe Pombal (Vigo) é un dos centros adscritos ao programa. Na imaxe, a súa directora, María Prelchi (dereita), dá a benvida a unha das profesoras de inglés M.MORALEJO

11 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde hoxe ata o día 30 de abril os colexios de Galicia poden solicitar a súa inclusión no proxecto de plurilingüismo, que forma parte de Edulingüe 2020. Hai diferentes características segundo a etapa:

Educación infantil. O alumnado recibirá no idioma elixido ata un terzo do horario, sempre cun enfoque lúdico. Os centros terán auxiliares de conversación e os mestres que dean a clase non lingüística deben certificar polo menos un B2.

Primaria e ESO. En primaria e ESO os centros plurilingües poderán impartir ata un terzo do horario lectivo no idioma estranxeiro elixido sempre que haxa profesores suficientes co certificado B2 para impartir as materias. A implantación debe ser paulatina e constante, empezando por primeiro e aumentado cada ano un curso máis.

 

Bacharelato. A singularidade do PluriBach é que ademais das horas lectivas habituais no programa de plurilingüismo ten que sumar unha materia extracurricular de reforzo, con dous ou tres horas de carga lectiva semanal, así como actividades complementarias (charlas ou talleres) que sumen 50 horas nos dous anos. Para mellorar a docencia estes centros terán auxiliares de conversación. Ao acabar a etapa, os estudantes poden optar á titulación do B2 na escola de idiomas.