A subida de soldo dos profesores galegos será lineal

CC.OO., Anpe e UGT cifran nuns 130 euros o incremento, mentres a CIG fala de 200 e critica que se deixen fose da mesa as condicións laborais dos docentes


Santiago / La Voz

É unánime. O incremento salarial dos 30.000 profesores do sistema público galego será lineal. É dicir, a mesma cantidade para todos os corpos docentes. É o único punto de acordo total da mesa sobre a equiparación salarial que se celebrou este mércores pola mañá, «unha primeira toma de contacto», explicó el director xeral de Recursos Humanos, José Manuel Pinal, que aclaró que el interés de la consellería es «seguir o espírito dos acordos do 2003 e do 2006», que colocaron a Galicia no grupo máis alto na comparativa de retribucións salariais. «Vimos a escoitar o que os sindicatos teñen que propoñer».

E os sindicatos propuxeron. CC.OO., Anpe e UGT puxeron sobre a mesa cifras de entre 130 e 135 euros de subida e a súa disposición a centrar inicialmente a negociación unicamente na equiparación salarial para que as cantidades adicionais poidan verse nas nóminas dos docentes canto antes. Os representantes da CIG, pola súa banda, saíron desta primeira reunión «moi preocupados» porque «unha consellería convoca unha mesa sectorial para negociar retribucións e non ten ningunha proposta, unha proposta que lle temos que facer os traballadores. Iso é algo inédito», explicaba Suso Bermello, secretario xeral de CIG Ensino, tras un receso na reunión. Bermello criticou que se deixe ao carón a negociación doutros «recortes brutais» que sufriron os profesores galegos. «A consellería abre unha negociación abre unha negociación absolutamente cortada, lastrada», lamentou Bermello, que cifrou nuns 200 euros a subida necesaria para que Galicia regrese aos primeiros postos.

«O que é esta mesa sectorial é continuar cun artigo que estaba no acordo do 2006 que indicaba que habería que retomar as negociacións cando a posición da comunidade autónoma non fose a que se ocupaba naquela data. Esa é a situación de hoxe en día», explicaba Pinal. Galicia é hoxe a duodécima comunidade na táboa, mentres que os acordos do 2003 e o 2006 situárona en sexto posto. «Imos ver as propostas, en que parte da táboa nos sitúan». A Xunta aspira a volver situarse «máis ou menos na mesma zona, que é o que demandan as organizacións e o que a consellería tamén desexa».

 «Pretendemos alcanzar o mesmo posto que se acadou no 2003 e no 2006», afirmaba o portavoz de CC.OO., José Fuentes . «Para iso faría falta unha cantidade importante de diñeiro que ten que ser lineal para todo o profesorado e nós cifrámola en 130 euros». E aínda que hai outras cuestións que é necesario pór sobre a mesa «non imos condicionar a negociación da homologación á negociacións doutras cuestións relacionadas coas condicións do profesorado». Julio Díaz, de Anpe, mostrou unha postura moi semellante á de Fuentes . «Tiñamos na cláusla que se faría anualmente unha revisión da posición do profesorado galego e non se fixo», explicou Díaz, que matizou que «non descartamos que en canto finalicemos hai que candelarizar unha negociación na que vexamos todas as perdas do profesorado, pero non queremos viciar unha negociación introducindo temas que ao final non nos leven a ningunha solución». A solución ten que chegar pronto, afirmou Díaz, que dixo que están dispostos a pechar próximos a esa cantidade de 130 euros partindo «dunha cifra moi real»

«Consideramos que a restitución de dereitos non hai que negociala, teñen que restituirnos o que nos roubaron». Así se expresaba Paula Carreiro, portavoz de UGT, que tamén desvinculou a negociación de condicións laborais á da subida salarial. «As nosas cifras coinciden bastante, en torno aos 135 ou 130 euros». UGT aspira a que sexa algo «rápido, serio e que se vexa pronto na nómina dos compañeiros, co cal poderiamos baixar a 130 para poder empezar a abrir o diálogo». 

Newsletter Educación

Recibe todas as semanas a información máis relevante sobre educación

Votación
12 votos
Tags
Comentarios

A subida de soldo dos profesores galegos será lineal