Greenpeace reetiqueta produtos nas cadeas de moda pedindo un consumo responsable

LA VOZ REDACCIÓN

ECONOMÍA

greenpeace

Activistas da organización empapelaron escaparates en vinte cidades para denunciar consumismo

27 novs 2021 . Actualizado ás 22:47 h.

Activistas de Greenpeace cubriron onte con carteis nos que se podía ler «Sen stock. Planeta esgotado» os escaparates de establecementos de grandes cadeas da Gran Vía de Madrid e dunha vintena de cidades (A Coruña, Santiago e Vigo, entre elas), para denunciar os efectos sobre o medio ambiente do consumismo desatado por campañas como o Black Friday.

A «moda rápida» é só a punta do iceberg do consumismo e dos seus efectos ambientais e sociais, e gobernos, empresas e cidades deberían primar alternativas como a reutilización, a reparación, o enchido e o intercambio, segundo a organización, sostén a organización.

Así, para denunciar que o Black Friday destrúe o planeta, ademais de pegar carteis, os activistas cubriron de pintura negra (ecolóxica e lavable) os escaparates de H&M, Primark, Mango e Lefties, e engadiron etiquetas en decenas de produtos das tendas nas que se lía: «Se non o necesitas, non o compres».