Caterina Pérez: «Inditex dáche soporte, mira moito polo galego. E ti has de cumprir»

Sofía Vázquez
sofía vázquez REDACCIÓN / LA VOZ

ECONOMÍA

Ana Garcia

O grupo é tamén provedor de Mercedes , Tous, Mercadona, Sfera e outra vintena de cadeas

25 ene 2020 . Actualizado ás 20:48 h.

É unha das súas primeiras entrevistas, se non a primeira. Moi tranquila, embarazadísima (dará a luz nuns días, o 15 de febreiro segundo as previsións médicas) e cun sorriso na boca, Caterina Pérez Pérez (A Coruña, 29 de outubro do 89) é membro do consello de administración do grupo Malasa e responsable das áreas de tesourería, financiamento e impostos. Confesa entre risos que está acostumada a que a guinden aos leóns» no mundo laboral. Ela, xunto aos seus curmáns Alejandro e Candela, forman parte da terceira xeración dunha saga familiar de empresarios, que comezou o seu avó con Madeiras Lamelas. Anos despois, Antonio (o seu pai) e Javier (o seu tío) crearon, en 1992, Comercial Malasa, que hoxe forma parte dun grupo que conforman 12 empresas e que abarca a área de cristal, madeira, metal e deseño. Proxecto chave en man.

-Madeiras Lamelas, que era un almacén, fundouna o meu avó. Cando faleceu, a miña avoa (unha muller moi valente que percorreu medio mundo sen saber inglés e asinando nos bancos coa súa inicial e o seu apelido porque naquela época era así) fíxose cargo dela, e o meu pai deixou aparcada a súa carreira para axudala.

-E Malasa?

-Comercial Malasa naceu porque o meu pai e o meu tío viron a necesidade de contar con carpinteiros e demais especialistas para entregar aos clientes o proxecto acabado. Así naceu o grupo que hoxe é internacional, e que integra a empresas xa fusionadas, como Armarios Galicia e Fresno Noroeste, con outras como Fresno Cristal.

-Compraron Noa, con sede en Fene, no ano 2018. E estana reestruturando.

-A reestruturación de Noa está acabada. Comprámola porque nós tiñamos necesidade de producir máis, non dabamos abasto, e Noa tiña esa capacidade; caeron pedidos. A reestruturación consistiu no desprazamento de 14 técnicos. Cinco veñen a Cerceda. Con tres seguimos en negociación e co resto a relación concluíu. Nós ofrecemos indemnización por traslado, conservación do posto de traballo e as condicións laborais. En Noa hai 190 traballadores. Non destruímos emprego, ao contrario. Contratamos para cubrir os postos das persoas que non quixeron vir a Cerceda.

-Traballan para...

-24 cadeas, incluídas sete de Inditex (menos para Oysho e Stradivarius). Para Pronovias, Álvarez Moreno, Tous, Desigual, Women'Secret, Sfera, L'Occitane, Caudaline, Levis, Mercedes , Mercadona ...

-A vostedes Inditex deulles a vida.

-Si, é un compañeiro de viaxe que nos abriu moitas portas. Sempre lle estaremos agradecidos pola súa estrutura, polo soporte que che dan. Crecemos con eles, aprendendo con eles. Foi no 95 cando empezamos a montar tarimas para Inditex, que doutra banda é unha compaña moi esixente. Miran moito polo galego, pero has de cumprir e as tendas teñen que estar como eles queren, no tempo previsto. Os anos hannos permitido gañar experiencia e ter unha bagaxe que outros non teñen. Si Inditex é esixente, xa se ve na súa conta de resultados, en como funcionan.

-Se quedasen sen Inditex, que pasaría?

-Hoxe en día creo que sufririamos, claro, pero conseguimos diversificar moito o negocio. Metémonos/Metémosnos no mundo dos hoteis [comenta que fixeron un en Suíza e tamén o Noa no porto de Santa Cruz, en Oleiros], na restauración. Inditex non creo que teña a política de deixar de traballar cos provedores que lle seguen o ritmo. Déixache crecer con ela.

-No 2018 entrou no capital de Malasa o fondo GPF Capital. Por que?

-Tiñamos que profesionalizarnos. Creciamos a ritmos incribles e tiñamos que profesionalizarnos. Axúdanche na parte financeira, danche soporte. axúdanche a adiantarche á crise., a reportar. Logramos o obxectivo.

-Ten data de saída? quedarán vostede coa súa participación?

-Si, ten data de saída e creo que quedaremos nós coas súas accións.

-En cantos países operan?

-Ayyy, explícome: en máis de 80 países. A produción, as naves, está todo centralizado en Cerceda. As tendas móntalas a nivel mundial: Inditex, Mercadona, Mercedes , Tous... Se eles abren un establecemento en Australia, ou Tokio, ti estás con eles, presente alí.

-Entre os novos proxectos está...

-Imos constituír unha sociedade en México, que pretendemos impulsar. Queremos ampliar o negocio nese país, e en América do norte e do sur con outra familia de investidores. México é un punto estratéxico. Montaremos unha planta de 20.000 metros cadrados [entre Ferrol e Cerceda o grupo galego ten outros 100.000]

-Que agardan o seu pai e o seu tío de vostede?

-¡Non o sei!, e non llo pregunto porque me dá vertixe [risos]. Teñen este pedazo de monstro que crearon os dous... De xeito conxunto. Envorcados. Son parecidos, teñen carácter. Sempre reinvestiron. Esa foi a súa estratexia. A miña intención é permanecer na compaña, crear, xunto cos meus curmáns [a idea é que nun futuro se incorporen] un bo equipo. A Malasa queda moito percorrido por todo o mundo.

-Casada, cun neno de dous anos e cunha nena en camiño. Collerá a baixa maternal?

-Si, si.

-Uniralle as vacacións?

-Non. A verdade é que teño moita axuda en casa e gústame traballar. Necesítoo. Estou a media xornada e pola tarde sempre estou localizada.

[Caterina Pérez é desas mulleres que o portátil forma parte da súa vida. Case, é un apéndice máis]

«¡Ai, non se o que agardan de min! Pero non o pregunto porque me dá vertixe [risos]»

DNI DA EMPRESA

Quen son

Fabricante de mobiliario e elementos en madeira, metal cristal e solid suface

Facturación

112 mill €

Empregados

680

Domicilio social

Cerceda