Imputan á cúpula de Volkswagen por informar tarde do «dieselgate»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

ECONOMÍA

Wolfgang Rattay | Reuters

A Fiscalía alemá acusa os directivos dehaber informado «deliberadamente» tarde do escándalo do diésel

24 sep 2019 . Actualizado ás 20:27 h.

Catro anos despois de que o escándalo das emisións trucadas de Volkswagen saltase polo aire, as consecuencias daquel terremoto hanse deixado notar nos despachos da cúpula do fabricante alemán de coches.

Catro anos despois, a Fiscalía de Braunschweig (no norte de Alemaña) anunciou que acusaba aos mandamáis da empresa de ocultar información relevante para o mercado no escándalo do dieselgate. A Xustiza teutoa sinala directamente ao presidente do grupo Volkswagen, Herbert Diess, o seu antecesor Martin Wnterkorn e o xefe do consello de vixilancia Hans Dieter Pötsch por ter informado «deliberadamente» tarde do escándalo do diésel.

Destaca o prego presentado pola fiscalía que os tres imputados incumpriron «as leis que lles obrigan a informar sen dilación aos accionistas dos riscos sobrevindos polo chamado escándalo do diésel». Desta forma, os xuíces céntranse no impacto que tivo o caso nos petos dos investidores, deixando ao carón a ilegalidade da falsificación das emisións. E é que, en setembro do 2015, cando a compaña entoou o mea culpa, Volkswagen chegou a caer un 37 % nos mercados.