A revista «Global Finance» elixe a CaixaBank como mellor banco de España

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

ECONOMÍA

22 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A revista estadounidense Global Finance escolleu a CaixaBank como mellor banco en España por quinto ano consecutivo. Pero non é o único recoñecemento que a entidade conseguiu este ano. Porque, ademais, a publicación americana tamén a elixiu, por primeira vez, como quinto mellor banco de Europa Occidental. O xurado recoñeceu para a súa elección factores como o crecemento en activos, a rendibilidade ou o alcance xeográfico. 

A través dun comunicado, CaixaBank dixo que o xurado dos premios valorou factores como «o crecemento, a solidez financeira e a innovación dos produtos e servizos» do banco. Pola súa banda, Jordi Gual, presidente de Caixabank, celebrou que este galardón supón «un novo recoñecemento» ao xeito diferencial de facer banca da entidade. «Próxima, de calidade, comprometida coa sociedade, e que aposta de xeito firme pola innovación, mesmo nunha contorna difícil, con tipos de interese negativos e unha forte competencia nos mercados», resumiu.