Medio Rural estrea un portal que centraliza todos os trámites

J. C. SANTIAGO / LA VOZ

ECONOMÍA

BASILIO BELLO

Na web poderanse trasladar os permisos para as queimas ou a participación en feiras agrarias e alimentarias

22 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Medio Rural estrea este venres unha oficina virtual que pretende facilitar á cidadanía todos os trámites relacionados co sector agrícola en Galicia. A nova plataforma, desenvolvida polos servizos informáticos da Xunta, permitirá aos usuarios acceder a outros portais como o de gandería, sanidade vexetal e outros rexistros oficiais, como son os de produtos fitosanitarios, o de terreos forestais de pastoreo ou de maquinaria agrícola, entre outros. Ademais de comunicar calquera novidade sobre formación, na web poderanse trasladar os permisos para as queimas ou a participación en feiras agrarias e alimentarias como empresa coexpositora nos postos institucionais da consellería. Tamén incluirá boletíns informativos e consultas sobre concentracións parcelarias.