A galega Urovesa xa logrou vender os seus vehículos en 25 países do mundo

m. b. SANTIAGO / LA VOZ

ECONOMÍA

MARTINA MISER

17 oct 2018 . Actualizado ás 15:43 h.

Urovesa, unha empresa galega creada en 1981 e dedicada á fabricación de vehículos especiais para usos civís e militares, xa logrou comercializar os seus produtos en 25 países do mundo, estados cuxas forzas armadas teñen operativas unidades con selo galego.

Os vehículos da compaña, provedora do Ministerio de Defensa desde hai 32 anos, estiveron operativos desde o ano 2003 en zonas de conflito como Afganistán, Iraq, Líbano, Kósovo, Congo-Kinsasa ou Xeorxia.

A firma galega, ademais, rubricou recentemente un acordo para fornecer vehículos blindados ao Exército portugués. Son 139 unidades de alta mobilidade táctica que a empresa galega entregará no 2019 e o 2020. O contrato, de case 60 millóns de euros, foi adxudicado pola Axencia de Apoio e Adquisicións da OTAN tras unha licitación aberta internacional. As forzas armadas lusas adquiren a Uro unidades con catro configuracións: vehículos de mando, sanitarios, de transporte de persoal e de operacións especiais.