Kukuxumusu acaba corneado

A famosa marca téxtil pecha as súas tendas, bota ao seu persoal e vai camiño da liquidación

r.s.
redacción / a voz

Kukuxumusu, a compañía coñecida polo distinguido logo do touro azul deseñado por Mikel Urmeneta, di adeus tras non poder facer fronte a unha débeda con Facenda. A empresa entrou en concurso de acredores esta pasada primavera. Tras non chegar a un acordo pasou á fase de liquidación na que se atopa actualmente, segundo informou o Diario Vasco.

Kukuxumusu pechou todas as súas tendas, exceptuando a que se atopa na cidade de orixe da marca, Pamplona, na transitada cale Mercadores. Debido á alarmante situación económica, a compañía despediu a 27 empregados dos 30 que formaban parte do persoal o mes pasado.

A páxina web do negocio téxtil non se atopa activa a día de hoxe. No momento no que a abres aparece o logo do touro azul nunha pouse avergoñada (ilustración empregada na noticia) coa mensaxe de «web en mantemento por reposición de stocks ».

En 1989, Mikel Urmeneta, Koldo Ayestarán e Gonzalo Domínguez fundaron a marca que personificó aos animais cun humor característico, Kukuxumusu, bico de pulga en eúscaro. Urmeneta, deseñador gráfico e imaxe pública da empresa, conta que se decatou da existencia deste nicho de mercado ao viaxar a Australia, onde o negocio do suvenir estaba moito máis explotado que en Europa.

Os divertidos debuxos da empresa pamplonesa podíanse atopar estampados en camisetas, cuncas, paraugas e incluso roupa interior. Aínda que Kukuxumusu comezou a ser recoñecida polo debuxo do touro azul co pano vermello propio dos sanfermines, tamén fixo varios logotipos inspirados nas terras galegas. Nunca antes viuse a un polbo tocar a gaita.

O nome da firma, que case resulta imposible de pronunciar, terminou por estar presente en máis de 100 países e colaborou con soadas empresas e organizacións como Facebook, Microsoft ou Greenpeace.

A compañía chegou a ter ata 100 empregados e facturar un total de trece millóns de euros. Pero, como a maioría de negocios, Kukuxumusu tamén se viu afectado pola crise do 2014. A entidade viuse obrigada a vender parte do accionariado, en concreto os títulos dos fundadores Ayestarán e Domínguez, que foron comprados polo deseñador gráfico Ricardo Bermejo, converténdose así en accionista maioritario. Debido a tiranteces na xestión, no 2015, Bermejo rescinde unilateralmente da prestación de servizos de Urmeneta como director artístico.

Dous anos máis tarde Urmeneta crea unha nova marca á que bautizou cun nome case tan estrambótico como o da súa anterior empresa: Katuki Saguyaki, carne de gato, manxar de rato, en eúscaro. Xunto a el atopar parte do equipo gráfico de Kukuxumusu.

O nacemento desta empresa trouxo consigo a guerra polos dereitos da propiedade intelectual. Kukuxumusu impuxo unha demanda contra o seu fundador por utilizar as iconas, previamente cedidos, na súa nova compañía. En marzo de 2017 a sentenza concluíu a favor de Bermejo e condenou a Urmeneta a non reproducir os deseños da marca. Pero xa comezara o seu declive.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
22 votos
Comentarios

Kukuxumusu acaba corneado