Galicia, preto doutra marca de exportacións pese ao «brexit» e a caída da automoción

Rubén Santamarta Vicente
r. santamarta REDACCIÓN / LA VOZ

ECONOMÍA

M.MORALEJO

As vendas ao exterior aumentan un 8 % ata setembro, con fortes subidas do téxtil, as conservas e os combustibles

22 novs 2017 . Actualizado ás 17:42 h.

O mercado exterior confírmase como un dos principais motores, se non o principal, da recuperación da economía galega. As vendas das empresas da comunidade fóra de España creceron entre xaneiro e setembro un 8 %, a maior subida desde o 2013, e encamíñanse cara a unha nova marca. En nove meses movéronse case 16.000 millóns de euros en mercancía (15.899 en concreto), e de manterse esta tendencia superaranse os 21.000 millóns, fronte aos 20.038 do pasado exercicio, cando rompeu ese teito histórico.

Sucede que eses bos datos de movemento ao exterior prodúcense no medio dun complicado contexto, o incerto que abriu o brexit e que se traduciron é un derrubamento das vendas cara ao Reino Unido, cunha caída do 13 %, cando o ano pasado repuntaron ata un 42 %, cando era o territorio con mellores expectativas. Agora Alemaña está preto de superar a este país como o cuarto ao que máis venden as empresas galegas.

Crécese pese ao brexit e ao freo dun negocio crave, o do automóbil: as súas vendas caen un 11 %. Aínda que seguen na cabeza do mercado, o téxtil (que se subdivide en dúas categorías) está a piques de pasalo, grazas ao imparable fenómeno de Inditex . O da automoción explícase porque se está á espera dos novos modelos de PSA en Vigo, que chegarán nos próximos meses, e ao stock que hai no mercado. Outros sectores como a pesca e a conserva, ou os combustibles, rexistran, como o téxtil, crecementos de dous díxitos.

A Coruña, cuarta en España

Isto fixo que este ano A Coruña se convertese xa na cuarta provincia española por volume de vendas, só por detrás de Barcelona, Madrid e Valencia. A novidade é que acaba de superar a Zaragoza . No 2015 era a novena. Pontevedra, pola súa banda, é a oitava.