Azos Feministas celebra un novo «Café de Pota» en Moneixas

La Voz LALÍN / LA VOZ LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

30 ene 2023 . Actualizado ás 21:32 h.

A asociación Azos Feministas celebra o próximo 4 de febreiro un novo encontro con mulleres enmarcado na iniciativa Café de Pota. O local social de Moneixas dará continuidade a partir das 16.30 horas a unha proposta que busca «contribuir a crear espazos de encontro, conversa e coidado entre mulleres do rural».

Azos quixo agradecer a implicación do colectivo de mulleres de Moneixas e animan a participar a todas as mulleres que o desexen, coa intención de compartir unha tarda de charla e intercambio.