Vila de Cruces celebra o 4 de febreiro a XXX Festa do Chourizo

La Voz

VILA DE CRUCES

24 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Vila de Cruces celebra o próximo día 4 de febreiro a que será a edición número trinta da Festa gastronómica do Chourizo. A celebración mantén o seu formato tradicional e incluirá a degustación gratuíta de chourizos, pan, veu e filloas realizadas á pedra por un experto. Neste caso será Molina, coñecido como «o catedrático da filloa». A animación correrá a cargo do grupo Vainela de Salgueiros.