Abordan proxectos en Sabrexo e a supresión da súa mesa electoral

La Voz

VILA DE CRUCES

23 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Representantes do goberno local de Vila de Cruces mantiveron onte un encontro cos veciños da parroquia de Sabrexo para abordar proxectos executados. Ademais, atendéronse peticións residentes e comunicouse a supresión da mesa electoral de Sabrexo para a cita de maio. Pasarán a votar en Ferreirós.