Xornadas no instituto de Vila de Cruces sobre emprendimiento

La Voz

VILA DE CRUCES

23 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O instituto Marco do Camballón de Vila de Cruces acollerá hoxe e o día 30 senllas xornadas sobre emprendimiento, que promove a Xunta. Estarán coordinadas polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas con sede en Silleda e impartidas polo seu persoal técnico. Están dirixidas a alumnos de ESO, Bacharelato e ciclos formativos.