Vila de Cruces levou a Fitur a Festa do Galo de Curral

j. b. LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Cedida

Houbo degustación do produto con distintas elaboracións de dous chefs

21 ene 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Vila de Cruces presentou onte na feira Fitur de Madrid a súa cita gastronómica, a Festa do Galo de Curral. Un acto que incluíu unha degustación de tapas con este produto, con dúas elaboracións distintas —asado ao forno ou guisado con guarnición— realizadas polos cociñeiros de Culinaria, Marcelo Torres e Julio Mato o Río. Houbo dous pases, ás 13.30 e ás 15.00 horas.

O tenente de alcalde cruceño, Julio López, foi o encargado de realizar a presentación da festa gastronómica. Agradeceu aos dous chefs os seus pratos, ademais de enxalzar a aposta da empresa por promover o galo de curral e incluír este produto nos seus pratos a nivel nacional. Tamén estendeu o agradecemento á Xunta, en especial á directora de Turismo, Nava Castro, por apoiar este acto no marco do certame madrileño. López participou o xoves nunha reunión de concellos con encoros e hoxe con Médicos Sen Fronteiras por un problema cuns terreos.

En Fitur tamén se divulgou onte o atractivo turístico que supón a Fraga de Catasós.