Vila de Cruces aprobou 120.000 euros para axudas fronte ao covid pero aínda non elaborou as bases para outorgalas

La Voz

VILA DE CRUCES

miguel souto

27 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O pleno de Vila de Cruces aprobou onte cos votos a favor dos tres edís do grupo de goberno e a abstención do resto unha serie de modificacións de crédito, unha das cales, supón habilitar 120.000 euros destinados á concesión de axudas aos sectores máis afectados pola pandemia como son a hostalería e o comercio, entre outros para facer fronte aos prexuízos e as perdas de ingresos.

Os grupos da oposición quéixanse de que as axudas chegarán tarde. O PP lembra que agora, unha vez aprobouse a modificación de crédito, o grupo de goberno aínda terá que elaborar as bases. O portavoz popular, Jesús Otero, lamenta que Xuntos non optase por sumarse ás axudas da Xunta considerando que desa forma xa estarían outorgadas e agora «o mellor a xente non as cobra ata decembro, ou incluso vai ter que agardar ata o ano que ven».

Pola súa banda, o portavoz nacionalista, Álex Fiuza, considera que as axudas directas «están ben» aínda que, apunta, contaron con reparos de intervención bota en falta outro tipo de axudas como as de formación ou promoción que son actuacións que veñen demandando os comerciantes e hostaleiros do municipio.