Aparatoso accidente sen feridos en Vila de Cruces

La Voz

VILA DE CRUCES

Cedida

17 abr 2021 . Actualizado ás 14:45 h.

Tres turismos víronse implicados nun accidente de tráfico ocorrido esta mañá, ao redor das 13.00 horas na intersección da PO-905 coa EP-6403 na circunvalación de Vila de Cruces. Un dos coches quedou amais doutro nun aparatoso suceso no que non houbo que lamentar feridos. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil de Vila de Cruces e da Garda Civil de Tráfico.