Restaurantes de Vila de Cruces ofrecerán menús con galo de curral a fin de semana

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

miguel souto

26 may 2020 . Actualizado ás 19:55 h.

A celebración da Festa Gastronómica do Galo de Curral en Vila de Cruces figura entre as moitas citas canceladas nas comarcas. A crise sanitaria derivada do coronavirus, xunto co estado de alarma, obrigou a concellos e colectivos sociais a suspender actos xa desde hai semanas. Esta próxima fin de semana estaba programada unha nova edición da cita gastronómica cruceña, que deberá agardar ao 2021 en canto ás actividades lúdicas e festivas paralelas. Pero si será posible a degustación do prato.

Durante a fin de semana haberá diversos restaurantes de Vila de Cruces que ofrecerán menús co galo de curral como protagonista. Será baixo reserva previa. Nesta alternativa á festa gastronómica participan os establecementos O Refuxio, Casa Castro, Don Din, Casa Goris, Casa San Ginés, A de Rafael, A Casa dá Capela, A Violeta, O Pazo, Esghalla e A Rotonda. Os seareiros deste prato que cada ano acudían á cita de maio en terras cruceñas non teñen xa que logo escusa para non repetir, iso si, só poderán facer os que residan na provincia pontevedresa nesta segunda fase de desescalada.