Mellora da seguridade viaria en Vila de Cruces

La Voz

VILA DE CRUCES

Cedida

25 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O goberno de Vila de Cruces emprendeu os traballos de colocación de valos nalgúns puntos das estradas para mellorar a seguridade tanto de peóns como de vehículos. O alcalde, Luis Taboada, indica que algúns destes valos foron colocadas na estrada en San Pedro de Losón onde entre un viario e outro existen varios metros de desnivel que supoñen un perigo. O mesmo noutros puntos. A idea é levar a cabo estas actuacións onde sexan necesarias estas medidas de protección.