Otero denuncia a posible perda da axuda para os vestiarios da piscina

La Voz LALÍN/ LA VOZ

VILA DE CRUCES

08 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O portavoz do PP de Vila de Cruces, Jesús Otero, denuncia a posible perda dunha subvención de 35.000 euros da Xunta por parte do Concello dado que a obra non se certificou a tempo. Explica que a 15 de novembro, data na que tiñan que estar acabados os traballos e a obra, neste caso os vestiarios da piscina, en uso, «só se certificou parte, 20.942,14 euros» dun total de 50.000 euros. A obra tiña 35.000 euros de axuda da Xunta, en concreto de Vicepresidente, e 15.000 da Xunta. Acusa o goberno local de intentar ocultarlles información tardando dous meses en darlles acceso a este expediente. Sinala que a obra aínda está sen finalizar e consideran que «esa non é forma de actuar» alegando que Cruces perdeu os contratos do plan de Emprego da Deputación e devolveu unha subvención de Xacobeo. No expediente de obra da piscina atoparon, di «moitas cousas estranas».