O PP cruceño pide medidas de seguridade urxentes en Gres

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Ante a situación da ponte, sen varanda

03 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Vila de Cruces insta o goberno local a adoptar medidas urxentes no acceso ás Insuas de Gres. Pide ao alcalde que mande a persoal municipal a valar a zona, aínda que sexa de forma provisional para evitar accidentes xa que a ponte se atopa sen varanda. Quéixase de que non foron retirados nin os troncos da balaustrada que por mor das riadas acabou esnaquizada, nin as ramas e os restos de árbores que acabaron sobre o pavimento arrastrados pola corrente.

Denuncia que son moitas as persoas que acoden á zona para visitar a localidade, ou que van comer un cocido a algún restaurante e aproveitan para visitar as illas. O portavoz do PP, Jesús Otero, incide en que o acceso ás Insuas non está cortado pero se este resulta perigoso ao carecer o paso de medidas de seguridade e ningunha varanda que evite que alguén poida caerse á auga.