Elena Ferro, galardoada co Premio Nacional de Artesanía 2019

La Voz REDACCIÓN

VILA DE CRUCES

Cedida

A pontevedresa asegura que é un «orgullo» para ela e para toda a súa familia

05 dic 2019 . Actualizado ás 00:20 h.

Elena Ferro foi galardoada este mércores o Premio Nacional de Artesanía 2019 que outorga o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo ao conxunto dunha obra consolidada, dotado con 7.000 euros, segundo Efe. Elena Ferro é a cabeza visible da empresa Eferro, fundada en 1915 polo seu avó. A artesá pontevedresa é a terceira xeración que forma parte dun taller que destaca por un produto característico da tradición rural: os zocos de madeira.

En declaracións a Efe, Ferro manifestou que o premio é un «orgullo» para ela e para toda a súa familia. Emocionada, sinalou que «o premio é o broche de ouro a un oficio que estaba a piques de desaparecer» e desvela a súa satisfacción polo recoñecemento a un «un calzado tan humilde como os zocos».

O xurado dos premios que convoca o Ministerio, a través da Escola de Organización Industria (EOI) e a súa cátedra Fundesarte, valorou unha traxectoria na que «conseguiu resignificar un produto tan tradicional como os zocos sen arrebatarlles a súa esencia», explican nunha nota.