Otero acusa o goberno cruceño de facer obras sen os trámites mínimos

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

miguel souto

16 novs 2019 . Actualizado ás 23:20 h.

O portavoz do PP de Vila de Cruces, Jesús Otero, acusa o goberno cruceño de realizar obras «sen vos trámites mínimos». Quéixase de que o pasado día 6 presentaron un escrito no Concello e que aínda non responderon as preguntas sobre a reparación da cuberta do matadoiro.

Sinala que os construtores de Cruces quéixanse non lles pediron orzamento e dinlles que «todas as chapuzas as están facendo xente que foi co alcalde na lista». Cre que para facer traballos como os do matadoiro «tinga que contar con permisos e non hai ningún expediente administrativo aberto». Pregúntase se a tenente alcalde socialista vai levantar tamén neste caso o reparo «cando chegue a factura». Piden a Taboada que diga se hai un informe da necesidade das obras, algún expediente para levar a cabo estas reparacións, información sobre que empresa fai a obra e a súa solvencia técnica e económica, se o Concello ten autorización de Medio Ambiente para a substitución das placas de fibrocemento que puidesen ter amianto e se comunicaron os traballos do cambio de uralita á Consellería de Sanidade.