O prezo dos combustibles dispárase na ponte na zona

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

E CUIÑA

A da Bandeira encabeza o ránking das gasolineiras máis baratas das comarcas

05 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Co inicio da ponte de decembro son moitos os que aproveitarán para desprazarse e viaxar. Os que o fagan atopásense cun gasto extra derivado do aumento do prezo de combustible que foi crecendo ao longo do ano e disparouse aínda máis os últimos meses ata rozar o máximo histórico. Para chegar a el hai que remontarse á semana do 10 de setembro do ano 2021 cando se chegaron a pagar 1,519 euros o litro de gasolina e 1,38 euros o litro do gasóleo a semana do 25 dese mesmo mes.

Para ter unha idea da escalada de prezos nos últimos anos, abonda botar a vista atrás. O 10 de xaneiro deste ano, cinco gasolineiras da zona mantiñan o prezo do gasóleo por baixo do euro. En concreto a 0,999 euros. Onte no ránking de gasolineiras co gasóleo A, o máis habitual, máis barato na zona era a de Bandeira cun prezo de 1,289. O prezo da gasolina tamén pegou un estirón nos últimos meses. A principio de ano o prezo do litro da gasolina de 95 octanos na estación de servizo máis barata das dúas comarcas, a de Aira en Silleda, era de 1,069 euros. Onte, a que tiña un mellor prezo era tamén a de Bandeira, a 1,409 euros o litro.

Dentro da provincia de Pontevedra, onte o menor custo do litro deste tipo de combustible tíñao a estación de servizo de Plenoil, en Vilagarcía de Arousa, onde estaba a 1,377 euros. A da Bandeira ocupa o noveno posto do ránking provincial. No posto 18 está a gasolineira de Aira en Silleda cun prezo de 1,439. O mesmo que ten a gasolineira da cooperativa do Rodo, en Rodeiro.

A subida nótase en todo tipo de combustibles. Na gasolina de 98, a sexta máis barata da provincia de Pontevedra, tena tamén a estación de servizo Bandeira a 1,519 euros o litro. No posto número 17 está a gasolineira de Camanzo, en Vila de Cruces, a 1,579 e tres postos máis abaixo a de Repsol da Estrada onde onte se marcaba a 1,589 euros o prezo do litro. Ao mesmo prezo está tamén na gasolineira de Repsol de Cerdedo. Son datos recolleitos no geoportal de hidrocarburos que publica o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

En canto ao gasóleo A, onte a gasolineira que tiña este tipo de combustible ao mellor prezo dentro da provincia erala de CRP en Paradela onde estaba a 1,249 euros. O número trece da lista das máis baratas da provincia ocúpao a de Bandeira con 1,289. Séguelle, na zona, a de Aira en Silleda, cun prezo por litro de 1,299 euros e a do Rodo, en Rodeiro, co mesmo prezo. Catro postos por baixo está a de Cobideza, en Silleda, onde o litro do gasóleo A vendíase onte a 1,309, do mesmo xeito que na estación de servizo que esta mesma cooperativa ten en Cercio (Lalín).

A gasolineira de Bandeira encabeza tamén a lista das gasolineiras máis baratas da zona no que se refire ao prezo de gasóleo Premium. Ocupa o cuarto posto das máis económicas da provincia neste tipo de combustible cun prezo de 1,369 euros o litro. Séguelle a estación de servizo de Camanzo, no municipio de Vila de Cruces, a 1,375; a de Staroil de Lalín, a 1.399 e a de Galp, tamén na capital dezana a 1,404. Baixando posicións na lista atópase a de Repsol, en Cerdedo, a 1,409. O mesmo prezo que tiña onte a de Repsol de Agolada.

Evolución

En Semana Santa o prezo dos combustibles xa experimentaban unha subida respecto de principios de ano, pero para os que viaxaron este verán o custo do combustible aínda foi maior. Na zona o gasóleo máis barato das dúas comarcas era 6 céntimos máis caro a principios de xullo que uns meses antes coincidindo con semana Santa. O gasóleo íalle á zaga e o 1 de xullo custaba 7 céntimos máis que o 1 de abril.

Encher o depósito de gasolina custa 18 euros máis

A subida do combustible pasa factura á hora de encher o depósito Se tomamos como referencia uno de 55 litros. Enchelo de gasolina de 95 custaba en xaneiro 58,795 na gasolineira máis barata da zona, a un prezo de 1,259 euros. Onte o mesmo reposición custaba 77,495 euros, 18 euros máis que a principio de ano. En cando ao gasóleo. Encher ese mesmo depósito en xaneiro custaba 54,955 a un prezo de 0,999 euros e onte, a 1,369 euros ascendía a 71,39, 16,435 euros máis.