Unha veciña da Bandeira resultou ferida leve tras envorcar o seu coche

La Voz

SILLEDA

29 novs 2021 . Actualizado ás 14:45 h.

Unha muller, veciña da Bandeira, resultou ferida leve tras envorcar o seu coche poucos minutos antes das 14.00 horas de hoxe. O accidente tivo lugar na ligazón da Bandeira coa AP-53, en dirección A Estrada. Nun principio o 112 alertou de que a muller estaba atrapada. Cando chegaron os Bombeiros, a señora xa puidera saír do vehículo polo seu propio pé. O coche quedou envorcado sobre o teito. Interviñeron ademais os axentes da Policía Local de Silleda, unha ambulancia do 061 de Urxencias Médicas  que trasladou á ferida para realizarlle algunhas probas e a Garda Civil de Tráfico.