Alertan pola presenza de restos de poda coa que xogan nenos en Silleda

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Miguel souto

20 oct 2021 . Actualizado ás 21:12 h.

A presenza de restos de poda nas inmediacións da praza Juan Salgueiro de Silleda, xunto ao parque infantil, xerou onte a alerta desde o Partido Popular ante o risco para os nenos que se puxeron a xogar con esa materia verde. Demandan ao Concello unha mellor xestión dos traballos de xardinería, aducindo que xa ocorreu con anterioridade, deixando pasar polo menos un día sen recoller os restos de vexetación. Nesta ocasión eran ramas de palmeiras e de bananeiros depositadas preto da zona de xogos.

Desde as filas popular piden máis planificación e evitar potenciais risco, aducindo que cos restos das palmeiras na contorna do parque poden intentar xogar os nenos e «teñen púas que ademáis de picaduras poden xerar facilmente infeccións». O seu portavoz, Ignacio Maril, solicitaba máis rigor por parte do goberno local e evitar que se repitan este tipo de situacións, con medios suficientes para acometer os traballos de poda con seguridade e de forma planificada.