Silleda licita o mantemento de zonas verdes por 53.615 euros ata o día 30

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

17 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O día 30 de outubro concluirá o prazo para a presentación de ofertas na licitación aberta polo Concello para o mantemento dos parques e xardíns de Silleda e A Bandeira. As bases xa se publicaron na Plataforma de Contratos do Estado, cun prezo máximo de 53.615 euros. Este servizo prestarase nos dous centros urbanos trasdezanos durante un período de tres anos. En concreto prevense unha trintena de áreas de actuación. Ao privatizar estes labores o equipo actual municipal de xardinería centrarase nas parroquias do rural.

A concelleira de Medio Ambiente e Servizos, Pili Peón, incidía onte nas numerosas áreas verdes de titularidade municipal que requiren mantemento conxunto e a necesidade de recorrer a este contrato cunha firma especializada nos dous cascos.