O estradense Diego Souto, con «Centurión», gañou en Silleda a proba de enganches en «Limonera»

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Cedida

02 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Equina pechou as súas portas no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, pondo fin a tres intensas xornadas de competicións. Onte tivo lugar a primeira xornada de liga da Copa Galega de Enganches que gañou, na categoría de Limonera cunha carruaxe de catro rodas tirado por un cabalo, o estradense Diego Souto con Centurión. O segundo posto foi para Manuel Magdaleno con Frutuoso , de Cerdedo-Cotobade, e o terceiro para o compostelán, Emiliano González con Odín . Na de Tronco , para carruaxes con dous cabalos, o vencedor foi Manuel Magdaleno con Frutuoso e Pinturilla. Os campións do campionato de España Pura Raza Española repetiron respecto da pasada edición. O campión foi Belmonte Torreluna, propiedade da yeguada Torreluna, de Carmona (Sevilla) e a campioa foi Naviera RJ, da gandería Javier Neira de Teo (A Coruña). O campión novo foi Arcano de Durán, da gandería lucense Antonio Durán Altimira, e Dama Torreluna, da gandería pontevedresa Santos Pereira, de Ponte Caldelas.

A Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) elixiu a Artista de Blanco , da gandería coruñesa Diego Blanco , de Teo e a Condesa de Cabana, da gandería de Carlos Conde, tamén de Teo, os mellores poldro e poldra, respectivamente, nacidos en Galicia.

Onte tiveron lugar tamén os actos de entrega de premios dos concursos que se celebraron ao longo da fin de semana, incluídos os especiais e os de doma clásica.