Baixan a 34 os casos positivos na capital dezana, A Estrada chega a 42 e Silleda baixa a 30

La Voz A Estrada, LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

E CUIÑA

30 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Onte o número de casos positivos que se contabilizaban en Lalín sufriu unha baixada moi significativa restando oito respecto ao día anterior co que a conta pasou dos 42 do mércores aos 34 de onte. A incidencia acumulada a 7 días sitúase en 99 casos por cada cen mil habitantes e a 148 a 14 días.

En Silleda tamén se produciu unha baixada. Son 4 menos pasando de 34 a 30 onte. A incidencia acumulada a 14 días é de 316 e de 169 a 7 días por cada cen mil habitantes. Na Estrada, en cambio, onte sumábase un caso máis. Son 42 cunha incidencia acumulada a 14 días de 278 e a sete días de 132. Cruces mantense con 12 casos, Agolada con 5 e Rodeiro onte volveu quedar libre de coronavirus.