Un ferido leve nun accidente de tráfico en Cervaña

La Voz

SILLEDA

23 jul 2021 . Actualizado ás 12:43 h.

O condutor dunha furgoneta de repartición resultou ferido leve nun accidente de tráfico ocorrido ás 11.11 horas desta mañá nunha pista que conduce á AP-53 desde Lamela, no lugar de Alfonsiños, en Cervaña, no municipio de Silleda. No suceso víronse implicados a furgoneta e un carro mesturador que chocaron. Ao lugar acudiu unha ambulancia do 061 que trasladou ao ferido, os axentes da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.