Silleda convoca un certame de microrrelatos

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

20 abr 2021 . Actualizado ás 00:49 h.

A nova edición do Concurso de Microrrelatos convocado polo Concello de Silleda ten como lema A muller labrega. Un certame para persoas empadroadas no municipio, con dúas categorías, de 6 a 12 e a partir de 13 anos de idade. O xurado valorará a orixinalidade e creatividade dos textos, que deberán estar escritos en galego.

Os interesados poden presentar as súas obras escritas en computador, con tope de 500 caracteres, ou a man, con 100 palabras máximo. Deben enviarse ao correo info\silleda.gal ou de forma excepcional presentarse no rexistro municipal. O prazo está aberto ata o 14 de maio. Haberá como premio en cada categoría dunha Tablet valorada en 100 euros e vales de compra de 20 a trocar en comercios locais. Se o gañador pertence a algún centro educativo, leste recibirá un vale de 50 euros para comprar libros en galego para a súa biblioteca.