Laboral Reclamación do persoal da gardería en Silleda

La Voz

SILLEDA

Miguel Souto

15 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A gardería Galiña Azul de Silleda loce unha pancarta na entrada, a través da que o persoal reclama ser fixas e non ter que presentarse a unha oposición sen que conte a súa experiencia tras anos como interinas desempeñando o posto. Unha situación que afectará o persoal interino das escolas infantís de toda esta rede.