Alumnos do CEIP de Silleda e do María Inmaculada, na ruta xacobea

La Voz

SILLEDA

Cedida

21 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O programa Trasdeza pinta ou Camiño segue avanzando con novas saídas de escolares a puntos da ruta xacobea no municipio. Alumnos do CEIP de Silleda e do colexio plurilingüe María Inmaculada participaron nas novas actividades. Os primeiros realizaron o tramo entre O Foxo e A Bandeira, ao redor de 6,6 quilómetros, incluíndo un desvío para visitar a tumba do pintor Manuel Colmeiro en Margaride. Mentres, os estudantes do María Inmaculada percorreron 5,5 quilómetros entre Ponche Taboada e Silleda. Todos eles analizaron o camiño de peregrinación e encargaranse de elixir as localizacións onde despois, pintores locais que participan neste proxecto do Concello e o Xacobeo 2021, encargaranse de inmortalizar. Resta tan só a visita do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, programada para o día 23 se o permite o tempo.