Christian Costoya gañou no Trofeo Rotax de Viana do Castelo

La Voz A Estrada / LA VOZ

SILLEDA

Cedida

05 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O piloto silledense Christian Costoya logrou imporse onte no Trofeo Rotax disputado na cidade portuguesa de Viana do Castelo. No seu regreso á competición tras o parón polo coronavirus, a promesa dezana do karting dominou na categoría Micro-Max xa desde os adestramentos cronometrados, onde foi o máis rápido, para imporse nas dúas mangas da final sen grandes dificultades.