Programan para os días 25 e 26 en Silleda a Románico Experiencia a pé e en BTT

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Cedida

03 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os días 25 e 26 de xullo celebrarase unha edición especial da Románico Experience 2020 en Silleda. A situación sanitaria levou á organización do Trail do Románico a promover esta nova modalidade, sen carácter competitivo. Ademais de realizarse a pé, este ano poderase realizar o percorrido en BTT. As inscricións poderanse efectuar a través das páxinas web traildoromanico.com e champiochiponorte.com.

Nesta proba cada participante realizará un percorrido de doce quilómetros de forma individual, podendo elixir unha das dúas xornadas previstas. O día 25 poderase disputar de 18.00 a 22.00 horas e o 26, de 9.30 a 13.30 horas. A saída será desde o mosteiro de Carboeiro. O percorrido poderase descargar por cada inscrito a través dun track, establecendo a organización un servizo de avituallamiento durante a carreira e á súa conclusión.

De forma paralela tamén se promove unha ruta de sendeirismo, de oito quilómetros de percorrido e que arrincará ás 10.00 horas. Entre as novidades desta Románico Experiencie 2020 figuras unha visión astronómica a través dunha canle de Zoom. Con este taller cada participante poderá construír o seu propio planisferio, ferramenta fundamental para observar o ceo a primeira ollada e localizar estrelas ou constelacións.