Voluntariado do proxecto Dorotea, a disposición do Concello de Silleda na crise

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

MARCOS MIGUEZ

30 mares 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Fundación Baiuca Verdecente, de Breixa, pon a disposición do Concello de Silleda o voluntariado do proxecto solidario Dorotea, que pechou temporalmente pola crise sanitaria do COVID-19. Desde xaneiro, voluntarios compartían cada tarde de domingo o seu tempo con decenas de persoas que se achegaban ao club social de Breixa para acabar coa soidade.

Agora, a acción social trasládase ás redes sociais da fundación, e proba diso é a creación dun club de lectura virtual, que fixou onte o seu primeiro encontro telemático, co libro O principio. As persoas que queiran sumarse deben inscribirse no Facebook de Fundación Baiuca Verdecente, de forma gratuíta.

Ademais, voluntarios da entidade continúan subindo vídeos de ánimo, consellos de hixiene e a importancia de quedar en casa. Agora, a fundación vai un paso máis aló e pon a disposición de Servizos Sociais de Silleda aos seus integrantes para axudar no que sexa preciso, sumándose ao equipo de voluntarios sociais xa en marcha. Entre outras accións, expoñen comprar produtos de primeira necesidade a quen os precise e non poida ou non deba saír da casa: «Tratar de protexer ás persoas máis vulnerables fronte este virus». Prevén lanzar ademais Rural Up proximamente.