Os Xenerais inician a batalla en Lamela

La Voz

SILLEDA

E CUIÑA

16 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A localidade de Lamela (Silleda) abriu na tarde do sábado as celebracións do Entroido tradicional do Ulla na comarca. Tras o desfile desde Barravaite tivo lugar o Alto dous Xenerais, montados dacabalo cos seus vistosos chapeus de plumas, e o pregón. A xornada estaba organizada pola asociación Anxela, que despois tiña prevista unha cea e un baile amenizado polo grupo Pachi Show.