Ecos abre a súa Campaña de Nadal cun escaparate de 4.000 euros

lalín / LA VOZ

SILLEDA

05 dic 2019 . Actualizado ás 13:22 h.

A Asociación Ecos de Silleda puxo en marcha a súa Campaña de Nadal na que participan 81 establecementos asociados: comercio e hostalería, que toman parte na elaboración dun gran escaparate que se poderá visualizar nun baixo da rúa Progreso, e cuxo valor total supera os 4.000 euros. Cada socio de Ecos adherido á campaña achega un agasallo valorado en 50 euros que se mostrará no escaparate, sendo sorteado cada un deles en cada un dos establecementos por Papa Noel o próximo día 24. Para optar aos premios, por cada compra entregarase unha rifa que se depositará nunha urna que terá cada local. A entrega dos premios do escaparate será o próximo 10 de xaneiro, xornada na que se celebrará ademais a cea da asociación. Un colectivo que articula ademais un sorteo presencial o 5 de xaneiro de 1.000 euros e dous de 500 euros en billetes Ecos e dous de 500. Por outra banda o día 21 un elfo percorrerá Silleda e Bandeira, entregando boletos para o sorteo de 50 euros e unha cea.