Silleda recolle xoguetes para «Un agasallo, un sorriso»

La Voz

SILLEDA

20 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Dentro do programa Silleda Solidaria ponse en marcha, un ano máis, a campaña Un agasallo, un sorriso que ten como obxectivo que todos os nenos do municipio gocen do Nadal. Con este fin recolleranse xoguetes novos ou en bo estado, material escolar, produtos de hixiene e aseo e outros agasallos. Os interesados en colaborar poden depositar as súas doazóns no centro social de Silleda.

Os agasallos entregaranse aos nenos con menos recursos. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Troitiño, agradecía onte de antemán a colaboración dos veciños e as entidades que cada ano participan nesta iniciativa.

Ao mesmo tempo e ata este xoves continúa a recollida de xoguetes posta en marcha pola asociación de pais do colexio da Bandeira, Brincadeira.

O Concello de Silleda incluirá tamén dentro do programa de Nadal incluiranse actividades organizadas por distintos clubs deportivos do municipio e que tamén terán un fin solidario.