Perigo para circular en Silleda

La Voz

SILLEDA

Cedida

20 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Silleda solicitou onte ao goberno local que se proceda á limpeza do acceso ao lugar de Vilaverde, cheo de barro e restos procedentes da curta de árbores. Urxen a adoptar esas medidas xa que por ese viario circula o transporte escolar «e resulta moi perigoso para ou paso do autocar». O seu portavoz, Ignacio Maril, asegurou ter recibido queixas de veciños pola situación e tamén houbo alerta desde o transporte escolar. Engadiu a ese problema de barro, ramas e follas o estado das cunetas, tamén en mal estado. Maril considera que o Concello debía controlar mediante a Policía Local onde se fan curtas de árbores para actuar en caso necesario e garantir a seguridade dos veciños que circulan polas pistas, evitando a súa deterioración.