Homenaxe en Orazo ao músico José Villaverde

SILLEDA

Cedida

Presentarán hoxe o libro "Andainas dun músico non rural"

20 sep 2019 . Actualizado ás 22:03 h.

A presentación dun libro de relatos da súa autoría servirá hoxe de homenaxe póstuma ao músico José Villaverde. O acto terá lugar no local social de Orazo ás 19.30 horas. Os seus familiares recompiaron os textos incluídos en Andainas dun músico non rural, publicado por Edicións Fervenza. Acudirán a súa neta, Lucía Vilas Villaverde; o presidente da Fundación Amigos de Galicia, Miguel Villar; e os alcaldes de Silleda, Manuel Cuíña, e A Estrada, José López. Colaborará Gonzalo Valcárcel e haberá actuación de antigos alumnos, veciños e netos dos músicos que foron compañeiros de José Villaverde, como Manuel Paíno, Carlos Gulías, Julio Iglesias, María Gulías, Álvaro Abolo e Lucía Vilas.

Na obra inclúense relatos que narran as vivencias propias dun música no rural de mediados do século XX, con temas como o compañeirismo e a amizade xunto á paixón pola música. Tamén hai unha galería fotográfica con imaxes persoais de José Villaverde, coa desaparecida Banda de Orazo, a da Bandeira, da que foi fundador e director, e da de Silleda, que tamén dirixiu.