Silleda activa a segunda fase da recollida de plásticos agrícolas

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Cedida

16 sep 2019 . Actualizado ás 21:06 h.

A segunda fase da campaña anual de recollida de plásticos agrícolas e de invernadoiro en Silleda acaba de pórse en marcha en colaboración con asínaa Sima. Un servizo ofertado polo Concello de forma gratuíta, coa recollida de avisos xa en marcha por parte dos potenciais usuarios. Os veciños interesados poden chamar ata o día 11 de outubro para pedir a retirada dese material. Os teléfonos de contacto son o 986 581 028, 986 580 000 e 986 180 245, de 8.00 a 15.00 horas.

En canto o goberno local dispoña da relación de peticións programarase o calendario de recollida por zonas, informándose en cada parroquia dos días. Os plásticos deben empaquetarse da mellor forma e ter a menor sucidade posible. A recollida comezará a partir do 15 de outubro.

Na primeira fase deste programa na primavera retiráronse máis de 41.000 quilos de plásticos tras recibir un centenar de avisos do rural. Datos que o rexedor, Manuel Cuíña, tachaba onte de alentadores ante o incremento cada ano do volume de material retirado e a aposta veciñal pola reciclaxe de residuos.