En pos da eficiencia enerxética

La Voz

SILLEDA

Catro concellos da zona participan nun programa provincial

25 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Catro concellos das comarcas participan nun programa de aforro e eficiencia enerxética promovido desde a Deputación, con convenios que se asinaron onte na capital pontevedresa. O proxecto permitirá substituír 7.519 puntos de luz por luminarias led en 43 municipios de menos de 20.000 habitantes adheridos á iniciativa, con 4 millóns de euros de orzamento. Da zona participan Silleda, Rodeiro, Dozón e Cerdedo-Cotobade.