A asociación de caza de Silleda rexeita crear unha cuarta cuadrilla para cazar xabarís

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

23 jun 2019 . Actualizado ás 21:10 h.

Os membros da Sociedade de Caza de Silleda decidiron non crear unha cuarta cuadrilla destinada á caza do xabaril. O non gañou polo dobre dos votos obtidos polos promotores desta iniciativa que defendía a necesidade de contra cunha cuadrilla máis. A decisión adoptouse no transcurso dunha asemblea extraordinaria convocada para abordar este asunto e celebrada a noite do sábado.