A asistencia na segunda xornada creceu nas oposicións de Silleda


A asistencia de aspirantes creceu onte na segunda xornada consecutiva de oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. No caso da proba para ingresar na categoría de camareiro-limpador e axudante de cociña celebrada pola tarde alcanzou o 61 %, con 4.124 persoas das 6.751 convocadas para 76 prazas. Pola mañá acudiron 843 dos 2.010 aspirantes a ingresar no corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma A2, o 42 %, con 30 prazas. O total de opositores foi onte de 4.967. Non se rexistraron incidencias, segundo informou a Xunta.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Tags
Comentarios

A asistencia na segunda xornada creceu nas oposicións de Silleda