USO cuestiona a adxudicación da seguridade en Semana Verde

J. B.

SILLEDA

miguel souto

22 mares 2019 . Actualizado ás 13:39 h.

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada-Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) cuestionou a adxudicación á empresa Alcor Seguridade do contrato para vixiar o recinto da Fundación Semana Verde de Galicia en Silleda, así como as feiras e eventos que se organizan nas súas instalacións. Afirmaron que só houbo esa oferta durante a licitación por "a espantada das demais empresas do sector da seguridade privada ao non cubrir apenas o prezo de licitación os custos salariais cumprindo o convenio sectorial". Lembran desde esta federación que a firma monfortina está inmersa en senllos procesos xudiciais instruídos polo Xulgado número 2 de Monforte de Lemos por "supostos delitos fiscais e contra os traballadores entre outros". Criticaron o apoio de Semana Verde para "perpetuarse como o seu único provedor de seguridade privada low cost" sen importale as condicións ás que somete á maioría do persoal. Ademais, cualificaron de traxe a medida en termos económicos a licitación da seguridade exposta pola Fundación feiral.