Silleda asinou un convenio co Banco Farmacéutico galego

La Voz

SILLEDA

Cedida

Entidade e Concello sufragarán a medias medicamentos, audífonos e tratamentos a persoas sen recursos

20 mares 2019 . Actualizado ás 20:34 h.

O Concello de Silleda é o primeiro en asinar un convenio coa Fundación Banco Farmacéutico de Galicia. Foi rubricado onte polo alcalde, Manuel Cuíña, e a presidenta da entidade, Noelia Romero . A través del o Concello e a Fundación faranse cargo ao 50 % do pagamento de medicamentos aos veciños do municipio que non poidan facer fronte a estes gastos por falta de recursos económicos e sempre previo informe dos Servizos Sociais municipais.

Outros dos recursos financiables a través dese convenio, explican desde o Banco Farmacéutico, serían o financiamento de determinados tratamentos, a adquisición de audífonos e outros elementos ortopédicos necesarios. Para Noelia Romero «este convenio supón o inicio dunha actividade que implica unha engrenaxe complicada, pero que facilitará a vida a moitas persoas con problemas de saúde e atópanse nunha situación de exclusión social». O Banco púxose a disposición de todos os concellos galegos. Traballa xa nunha campaña para instalar nos concellos carteis informativos a fin de darse a coñecer. As persoas que poden necesitar a súa axuda poden pórse en contacto a través do correo informacion\bancofarmaceuticode galicia.gal ou chamando ao 672 706 182.

No acto de firma do convenio en Silleda estiveron tamén presentes o silledense Alfredo García, presidente do comité farmacéutico do Banco e