Maril afirma que non recibiu aínda nada do Xulgado pola denuncia do alcalde

La Voz

SILLEDA

19 mares 2019 . Actualizado ás 20:58 h.

O portavoz do PP de Silleda, Ignacio Maril, sinalaba onte que aínda non recibiu nada do Xulgado polo que entende que a denuncia presentada polo alcalde de Silleda é un tema civil. Lembra que a admisión a trámite é algo case automático e que se admite todo salvo un erro formal ou falta de competencias por parte do órgano onde se presenta. Neste caso sorpréndelle que como avogado se utilice ao secretario do Concello e pregúntase se o fará a título persoal ou como funcionario municipal. Maril explica que non purde valorar o contido da denuncia ata que non reciba a información do Xulgado. Mentres, o PP prosigue o seu percorrido polas parroquias para presentar aos veciños documentación sobre o IBI ou o PXOM, entre outras cuestións. Hoxe, ás 20.30, Maril estará en Vilar.